Como limpar unha prancha da roupa

Como limpar unha prancha de roupa (e non morrer no intento)
¡Imos ao que importa!
Empecemos co que máis salta á vista: a sola da prancha, ese pequeno inferno que de súpeto se volve negro.
Por que?
Pois porque somos impacientes e poñemos a prancha ao máximo de calor como se estivésemos a cociñar unha pizza.
Pero, sorpresa,
¡non é o mellor para a roupa nin para a prancha!
A clave está en planchar á temperatura que recomenda o fabricante.
E como sabemos cal é?
Doado, miras a etiqueta da peza. Ás veces vén con números (110, 150, 200 graos), pero o máis común é que vexas unha prancha cun, dous ou tres puntos.

Agora si, imos á limpeza da prancha, que é o que che interesa.
Limpeza da sola
O máis sinxelo e efectivo é usar o mesmo lavalouzas que usas para os pratos.
Auga quente, un chisco de lavalouzas, e co estropallo de sempre, dálle con cariño en círculos.
Nun ou dous minutos, ¡sola impecable!
Como se a houbeses comprado onte.
Limpeza por dentro
Aquí é onde a cousa se pon seria.
Isto hai que facelo polo menos dúas veces ao ano, ou máis se es un fanático do pranchado.
Mestura a partes iguais auga e vinagre de limpeza (se non tes, o vinagre branco ou de mazá serve), quenta a prancha ao máximo e pasa un trapo vello, pero limpo, ata que se acabe a auga do depósito.
E non esquezas un consello de ouro: usa auga de prancha, destilada ou a do aire acondicionado.
Pero, se che pasa como a min, que acabas usando auga da billa, asegúrate de baleirar o depósito ao rematar de pranchar.
Eu confeso que case sempre uso auga da billa, e ata agora, todo ben.
Claro, cada catro ou seis meses fago unha limpeza a fondo, non son un salvaxe.
Despois, repite a operación do lavalouzas na sola para quitar calquera resto de cal.
E antes de que volvas a pranchar, enche un pouco o depósito, non ata arriba, e saca toda a auga con vapor para evitar que ese “toque a vinagre” quede na túa roupa.
E listo! Prancha relucente e sen dramas.
MELLOR EXPLÍCOCHO NUN VÍDEO!
0 comentarios